[ssba-buttons]
18/05/2015
 
 
O pasado sábado, 16 de Maio, tivo lugar a xuntanza lúdico-educativa dos/as menores diabéticos/as e as súas familias que a Asociación Diabética Auria tiña programada, na que tamén nos acompañaron familias da Asociación de Celíacos de Ourense coas que foi todo un pracer compartir a experiencia.
 
Visitamos o pobo-escola de O Viso, en Lodoselo, no que ademais de recibir coma sempre educación diabetolóxica por parte das nosas enfermeiras especializadas, os/as nenos/as e maiores tiveron a oportunidade de realizar diferentes actividades en contacto coa natureza:
 
 
    
 
 
Os/as nenos/as facendo pan e un taller de fiado.
 
 
  
 
 
Unha paradiña para repor forzas. O menú foi supervisado polas enfermeiras educadoras en diabetes, Mercedes García e Marisa Ruíz, que colaboran sempre de xeito desinteresado coa Asociación.
 
 
    
 
 
As Educadoras e a Presidenta da Asociación se encargaron de que todo saíra ben!
 
 
  
   
 
 
Tamén se realizaron actividades ó aire libre.
 
 
    
 
 
E non podía faltar o contacto cos animais…
 
 
Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecerlle a DiaBalance que novamente nos cedera mostras dos seus produtos para os nosos asociados/as; a Ana Skette pola realización destas marabillosas fotografías; a Fina por colaborar na organización da actividade; a Mercedes García pola súa doazón e a todo o persoal de O Viso polo seu amable trato. Por suposto, non podemos esquecernos de darlle as grazas a todos/as os/as asistentes, pois sen a súa participación nada disto sería posible…¡GRAZAS!