[ssba-buttons]
09/03/2015

 

A cita de XANTAR 2015 foi todo un éxito! Entre os días 4 e 8 de Marzo, realizamos 328 medicións de azucre, e informado e asesorado a un gran número de persoas entorno á diabetes e os seus perigos.

Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecer a todos/as os/as que colaboraron con nos nesta importante labor de prevención e difusión. Así mesmo, dar as grazas ó Director de Xantar Alejandro Rubín e a todo o equipo de Expourense, por facer posbile a nosa presenza neste evento.

 

Por outra banda, recordar que está actividade forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, financiado polo Concello de Ourense.

 

 

        

 

 

Ademais, o día 4 tivo lugar a I Xuntanza lúdico-educativa dos maiores deste ano 2015. Unha excelente ocasión para reunirnos e compartir experiencias…ó tempo que recibimos educación diabetolóxica por parte dunha das nosas Enfermeiras Educadoras en Diabetes, Marisa Ruíz Santiago, que se encargou de supervisar o menú e de asesorar individual e grupalmente ós/ás asistentes.

 

Estas actividades, que teñen como obxetivo dotar das ferramentas necesarias ós/ás pacientes diabéticos/as para o axeitado control da súa diabetes, forman parte do noso Proxecto de Educación Diabetolóxica.

 

 

O noso fotógrafo colaborador Esteban, realizou un vídeo que resume o que deron de sí estos 5 días no Salón Internacional de Turismo Gastronómico «Xantar» ¡MOITAS GRAZAS!