[ssba-buttons]
27/02/2015
 
 
O mércores 4 de Marzo terá lugar a I Xuntanza lúdico-educativa do 2015 dos/as socios/as maiores da Asociación Diabética Auria, que nos reuniremos para asistir ó 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico «Xantar«, ubicado en Expourense (Finca Sevilla). 
 
 
 
A programación para ese día é a seguinte:
 
– 12.00 h.: Chegada ó recinto feiral e recepción para os membros da Asociación.
 
– 12.30 h.: Visita á feira.
 
– 13.00 h.: Charla sobre alimentación e comida nun dos restaurantes de Xantar.
 
 
Tras ser estudados os menús dos diferentes restuarantes pola nosa Enfermeira Educadora en Diabetes, Marisa Ruíz, eliximos o Restaurante Vila Real-Douro, por ser o que máis se adapta ás nosas necesidades como diabéticos/as.
 
 
Recordamos que esta actividade se enmarca dentro do noso Proxecto de Educación Diabetolóxica, mediante o cal pretendemos proporcionar toda a educación posible ós/ás pacientes diabéticos/as en aspectos fundamentais no control da enfermidade, como a alimentación, sempre dentro dun ambiente lúdico.
 
 
 
Ademais, a Asociación colocará un stand informativo os 5 días que durará a feira (do 4 ó 8 de Marzo), no que se ofrecerá asesoramento e información sobre a Diabetes e se difundirá a labor da Asociación. Tamén se realizarán medicións de glicosa a todos/as os que o desexen.
 
Esta actividade, que pretende sensibilizar á poboación ourensá sobre a enfermidade, forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, financiado polo Concello de Ourense.