[ssba-buttons]
13/10/2015

 

O pásado domingo, 11 de Outubro, viaxamos ata Santiago de Compostela para participar na Transdiabetes, unha iniciativa a nivel nacional creada por pais e nais do grupo «Noches sin dormir» coa fin de dar visibilidade á Diabetes na sociedade.

 

 

Primeiro reunímonos no Monte do Gozo.

 

 

Posteriormente fumos á Cidade da Cultura, ónde fixemos un descanso para repoñer forzas.

 

 

 

 

E por último, desprazámonos á Praza do Obradoiro.

 

 

Alí, dous dos nosos asociados máis novos leron o seguinte manifesto:

 

«- Chámome Dani, e teño diabete.  

– Eu chámome Álex e tamén teño diabete.
 
– Estamos aquí hoxe, neste día chuvioso de outono, en nome de tódalas persoas con diabete de Galicia que non puideron acompañarnos, formando parte do proxecto nacional TRANSDIABETES .
 
– A Transdiabete xurde do grupo NOCHES SIN DORMIR, e ten como obxectivo darlle visibilidade á diabete como enfermedade crecente en número e importancia en todo o mundo. A través dunha proba non competitiva, todos os que nos achegamos ata aquí, portamos dende ciudades de todo Galicia, un aro azul que simboliza a unidade de todos fronte  a esta pandemia imparable.
 
– Este é o símbolo da dia mundial da diabete. Foi instituido por resolución  das Nacións Unidas no ano 2006 – por iso é azul, porque é unha mestura entre a cor do ceo e a bandeira da ONU-  pero tamén polo seu significado de unidade de todas as persoas que loitan por mellorar a calidade de vida dos que convivimos con esta enfermidade. O seu sentido é conseguir a unidade na procura de melloras para todos, porque como xa  sabemos, non facer nada non é unha opción para nós.
 
– Os datos da Organización Mundial da Saúde din que neste momento, ninguna outra enfermidade medra tan deprisa como a diabete, na actualidade xa padecen mais de 350 millóns de persoas no mundo, pero que chegará aos 500 millóns no ano 2030. Precisamente por este avance imparable que afecta cada día dende edades mais tempranas, consideramos que se fai imprescindible unha colaboración continua e conxunta para afrontar o desgaste diario de pacientes  e familias.
 
– Queremos pois, invitarvos a todos os que estades aquí, e tamén aos que nos poidan escoitar ou ler a través de redes sociais, prensa ou blogues a participar nas actividades que cada provincia, asociación, ou entidade teñen previstas para o vindeiro Día Mundial da Diabete que se celebrará en todo o mundo o 14 d novembro.
 
– Non podemos deixar que o esforzó de tanta xente  para conseguir as melloras que precisamos como pacientes e familias, se perda sen loitar . Temos que estar xuntos e facernos fortes para que a comunidade diabética teña cada día mais e mellores recursos que faciliten as rutinas diarias e vaian encamiñadas a conseguir para os pacientes  a calidade de vida que sen dúbida todos merecemos.
 
– Por tanto, en nome de todos os que estamos aquí e os que quixeron estar, os que non puideron desprazarse e os que nos acompañan no pensamento.
 
– En nome de todas e cada unha das persoas que padecen diabete, convidámosvos a espallar este sentimento de unidade e cohesión, e darlle visibilidade a unha realidade que afecta en Galicia a mais de 300.000 persoas.
 
– E, por suposto, a dirixirvos a calquera das asociación que existen na mayoría das ciudades de Galicia donde teredes toda a axuda, información e apoio que podades necesitar para vós ou para os vosos.
 
 
¡ Esperamos vervos o 14 DE NOVEMBRO….!»
 

 

 

Enlaces prensa e blogs:

 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-1500135

http://www.crtvg.es/informativos/unha-marcha-pola-diabetes-demanda-recursos-e-formacion-1500361

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/10/12/camino-vuelve-convertirse-bueno-motivo-solidaridad/0003_201510S12C29911.htm

http://diabetesenlared.blogspot.com.es/

http://nochessindormir.es/