[ssba-buttons]
23/04/2015
 
Este sábado, 2 de Maio, terá lugar en Ourense a búsqueda do Tesouro de Ogmios. Como sabedes, trátase dun evento organizado polo Polígono Virtual de Galiza, que xa pasou polos Concellos de Amoeiro e Ribadavia e que agora chega á cidade para a Gran Final.
Recordámosvos que hai máis de 1500€ en premios repartidos e moitas sopresas, e que se trata dunha actividade para todas as idades na que pode participar toda a familia. Ademáis, contarase coa axuda da Asociación Xuvenil Amencer para animación infantil, monitores, talleres etc.
 
A programación para ese día é a seguinte:
 
– 11.30h: punto de encontro na Praza Maior. Alí atoparase unha última mesa de inscripcións na que se poderá anotar todo aquel que o desexe. 
 
– 12.00h: a búsqueda percorrerá parte do casco vello da cidade e o centro comercial Ponte Vella.
 
14:00h: pausa para a comida.
 
– 16:00h: reanúdase o xogo.
 
Lembrade que 1€ de cada inscripción (5€) será doado a nosa Asociación, polo que é unha excelente ocasión para colaborar cos diabéticos/as ourensáns e para pasalo ben,… ¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!