A Asociación Diabética Auria participou na Feira Termatalia en Expourense. O sábado estivemos atendendo no noso stand a todos os que se achegaron, dando a coñecer a Diabetes e a Asociación e realizando medicións de glicemia. En total foron 159 determinacións, nas que se detectou unha persoa con glicemia superior a 200mg que o descoñecía e 15 persoas con glicemia a rondando os 150mg.
Lembrade que esta actividade forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, cofinanciado polo Concello de Ourense.
Ó mediodía fixemos un descansiño para comer cos nosos asociados/as en Aixiña, aproveitamos para compartir impresións e experiencias e pasar un rato agradable todos xuntos. Moitas grazas a todos os que se animaron a vir!
Aproveitamos a ocasión para agracerlle a estas dúas mulleres o gran traballo que están a realizar en pro da mellora da calidade de vida dos diabéticos/as ourensáns. Son a nosa Presidenta Paz e a nosa educadora Marisa Ruíz. ¡Moitas grazas pola vosa dedicación! Así mesmo, dende a Asociación Diabética Auria queremos darlle as grazas a todo o persoal de Expourense por deixarnos participar nesta Feira e darnos a coñecer dentro da sociedade.