[ssba-buttons]
04/09/2015

 

Este ano a Asociación Diabética Auria participará na Feira Internacional de Turismo Termal «Termatalia», que terá lugar en Expourense entre o 24 e o 26 de Setembro.
 
O sábado 26 de Setembro, estaremos nun stand dándonos a coñecer e realizando medicións de glicosa. Ademais vamos a organizar unha COMIDA para os nosos asociados/as ese mesmo día no local de Aixiña (ó lado de Expourense). O prezo do apetitoso menú será de 15€.
 
 
Animádevos a vir, pasaremos un rato agradable tod@s xunt@s!
 
 
 
 
 
Lembrade que esta actividade forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, cofinanciado polo Concello de Ourense.