O sábado 11 de Abril tivo lugar na panadería LUGRA o taller de repostería para os/as menores da asociación que estaba programado.
Unha actividade lúdico-educativa, coa que se pretendía reunir ós/ás nenos/as diabéticos/as ó mesmo tempo que aprendían a realizar productos de repostería adaptados ás súas necesidades, porque ter diabetes non está reñido con comer rico e ben…
Asistiron á cita 10 rapaces que o pasaron de maravilla, xunto cos seus pais e nais ós que lle agradecemos enormemente a súa colaboración. Esperamos poder seguir realizando moitas actividades con vos!