[ssba-buttons]
03/03/2016

Con motivo da festa de San Lázaro o domingo 13 de marzo, festa de arraigo na cidade, a Asociación Diabética Auria, organiza unha actividade para os/as socios/as máis pequenos/as acompañados dos seus pais e das súas nais, consistente en:

Saída da praza Maior de Ourense (ás 11:30 horas), recorrendo o entorno da Catedral, rúa Santo Domingo ata o parque de San Lázaro, onde se lles explicará a tradición da festa e desfrutarán da queima das “Madamitas”. Os/as nenos/as irán facendo fotos do que máis lles chame a atención, para posteriormente facer unha selección das mellores e expoñelas.

Un dos obxectivos de dita actividade, a parte de coñecerse e convivir, é dar a coñecer ós máis xóvenes, tradicións da nosa cidade que sen van perdendo…

¡¡Animádevos!!