[ssba-buttons]
20/04/2017

 

O pasado martes acudimos ao CEIP Amaro Refojo de Verín para dar a coñecer un pouco máis aos profesores do centro á «doce descoñecida»: a Diabetes.
 
En primeiro lugar temos que agradecer á Dirección e ao profesorado do centro, non só por acudir en bloque á sesión informativa, se non polo interese que mostraron.
 
Repasamos conceptos básicos de diabetes, especialmente da diabetes infantil, e despois realizamos obradoiros prácticos de técnicas de insulina, de autoanálise de glicemia, de técnicas de inxección do Glucagón,… Ademais dunhas nocións básicas sobre prevención de posibles hipoglicemias, mediante o axuste de alimentación.  
 
Mención especial para as fantásticas titoras das nosas «nenas doces», que están a estudar nese centro, moi concienciadas coa problemática. 
 
E, por suposto, recoñecer o gran traballo feito polo nosa Educadora especialista en Diabetoloxía, responsable de impartir a charla.
 
Esperamos ter cumprido o noso obxectivo: que o equipo do centro coñeza mellor a diabetes e, polo tanto, teñan menos «medos» no coidado dos seus alumnos doces ….
 
Deixámosvos unha pequena reportaxe da xornada,…
 
—————————————————————————————————————————————————–
 
El pasado martes acudimos al CEIP Amaro Refojo de Verín para dar a conocer un poco más a los profesores del centro a «la dulce desconocida»: la Diabetes.
 
En primer lugar tenemos que dar las gracias a la Dirección y profesorado del centro, no solo por acudir en bloque a la sesión informativa, sino por el interés que demostraron. 
 
Repasamos conceptos básicos de diabetes, especialmente de la diabetes infantil, y posteriormente realizamos talleres prácticos de técnicas de insulina, de autoanálisis de glucemia, de técnica de inyección del Glucagón,… Además de unas nociones básicas sobre la prevención de posibles hipoglucemias mediante ajuste de alimentación.
 
Mención especial para las fantásticas tutoras de nuestras “chicas dulces”, que cursan sus estudios en este centro, muy concienciadas con la problemática.   
 
Y por supuesto, agradecer la gran labor realizada por nuestra Educadora especialista en Diabetología, encargada de impartir la charla.
Esperamos haber cumplido con nuestro objetivo: que el personal del centro conozca mejor la diabetes y de este modo tengan menos » miedos» en el cuidado de sus dulces alumnos….
 
Os dejamos un pequeño reportaje de la jornada,… 
 
 
 
A nosa presidenta presentando a nosa Asociación e labor que levamos a cabo
 
 
A nosa educadora impartindo a charla ante uns atentos mestres
 
Poñendo en práctica o aprendido durante a xornada
 
 
 
¡MOITAS GRAZAS!