A pasada fin de semana (días 2 e 3 de Setembro) tivo lugar a 4ª Convivencia Educativa Familiar organizada pola Asociación Diabética Auria baixo o lema “Vivir coa diabetes no ámbito rural”, un proxecto cofinanciado pola Deputación Provincial de Ourense dirixido a rapaces/as con diabetes e os seus familiares. Nesta ocasión realizouse nas instalacións do centro de lecer “Acougo” (Vilamarin) e participaron un total de 25 nenos e 28 adultos.
Os mozos/as con diabetes, acompañados dos seus familiares e guiados por monitores deportivos, unha enfermeira educadora en diabetes e membros do equipo directivo da asociación, gozaron dun fin de semana en contacto coa natureza.
Realizáronse diversas actividades, tanto deportivas como educativas, co obxectivo de que os pais e nais puidesen compartir as súas vivencias, á vez que os mozos/as aprendesen conceptos básicos sobre diabetes dentro dun ambiente distendido.
Desde a Asociación Diabética Auria queremos dar as GRAZAS,…
Aos fantásticos monitores que coordinaron o programa,
A Gregorio e o seu fillo que coordinaron a loxística,
A ASCENSIA Diabetes, a ORDESA e a SOUSAS pola súa colaboración,
A Marisol, a Nutricionista, e a Jorge por aportar os seus coñecementos e experiencias,
A Marisa Ruiz, a nosa educadora en Diabetología por supervisalo todo,..
E FELICIDADES aos organizadores desta convivencia e a todos os PARTICIPANTES
¡ATA A PRÓXIMA!
————————————————————————————————————————————–