Xa falta pouco para a comida de entroido!!
Lembramos que o menú típico do entroido custará 15€, tamén inclúe pescado para aqueles que o prefiran. Para os máis cativos menú especial con sopa de cocido, filete de tenreira, ensalada, patacas e postre por 10€!
Data límite de confirmación o mércores 10. Imprescindible asistir con ganas de pasalo ben e por suposto… vir disfrazad@s soci@s, familiares e amig@s!