Quen somos
A Asociación Diabética Auria é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por misión reunir ás persoas con diabete e as súas familias a fin de mellorar as súas condicións de vida e defender os seus dereitos sanitarios, educativos e sociais.
A Asociación Diabética Auria contribúe ao logro dos seguintes obxectivos:
- Proporcionar toda a información diabetolóxica posible aos enfermos e aos seus familiares.
- Defender os dereitos dos enfermos para conseguir a súa plena integración na sociedade.
- Promover actividades de prevención da patoloxía e concienciación da poboación.
- Potenciar a participación dos diabéticos e as súas familias en distintas actividades educativas, lúdicas….
- Orientar aos diabéticos nas dificultades que poidan xurdir de carácter escolar, laboral ou social.
- Colaborar coas administracións e organismos coa finalidade de conseguir unha adecuada coordinación e obter a súa participación.
Fins:
- Apoiar a toda persoa diagnosticada de diabete, ás súas familias e contorna próxima, a través da posta en marcha de servizos especializados e actividades adaptadas ás súas neccesidades.
- Educación Diabetolóxica continua e actualizada para mellorar o autocontrol da diabete e previr posibles complicacións.
- Defender os dereitos das persoas con diabete e familias para alcanzar a súa plena inclusión social.
- Divulgar os aspectos máis importantes da diabete e promover hábitos de vida saludable como vía para previr a diabete tipo 2.
Auria forma parte da Federación de Diabéticos (FEGADI), tomando parte activa tanto nas súas actividades como na súa organización.