Ayer, 2 de octubre, se publicó una Orden procedente de la Consellería de Sanidad especificando una serie de restricciones que entraron en vigor hoy a las 00:00 para toda la población de Ourense.
Quedan prohibidas las reuniones de personas no convivientes en cualquier espacio (interior y exterior)en toda la ciudad , y se mantienen, en el barrio ourensano de O Couto, las restricciones de consumir en el interior de bares y cafeterías.
Esta limitación no impedirá la reunión con personas no convivientes que se produzca por motivos de asistencia y cuidado a mayores, dependientes o personas con discapacidad, o por causa de fuerza mayor o situación de necesidad.
Asimismo, esta limitación no será aplicable en el caso de actividades laborales, empresariales, profesionales y administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación y ocupacionales, siempre que se adopten las medidas previstas en los correspondientes protocolos de funcionamiento. También establecen una serie de excepciones a la orden que podréis ver en el enlace que os adjuntamos.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201002/2443/AnuncioC3K1-021020-7_es.pdf
_
Onte, 2 de outubro, publicouse unha Orde procedente da Consellería de Sanidade especificando unha serie de restricións que entraron en vigor hoxe ás 00:00 para toda a poboación de Ourense.
Quedan prohibidas as reunións de persoas non conviventes en calquera espazo (interior e exterior)en toda a cidade , e mantéñense, no barrio ourensán do Couto, as restricións de consumir no interior de bares e cafeterías.
Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produza por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.
Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tamén establecen unha serie de excepcións á orde que poderedes ver na ligazón que vos achegamos.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201002/2443/AnuncioC3K1-021020-7_es.pdf