Despois de dous días de intenso traballo rematou o Paseo pola Saúde 2015 organizado polo Concello de Ourense.
A Asociación Diabética Auria, tal e como tiña previsto, realizou medicións de glicosa -un total de 875– a todos/as os/as que se achegaron ó noso stand. Ademais proporcionouse información e asesoramento ás persoas diabéticas e ós novos posibles casos.
Por outro lado, impartíronse as dúas charlas-coloquio programadas, nas que se resolveron as dúbidas dos/as asistentes entorno a diabetes e a importancia do exercicio físico no seu tratamento.
Lembrade que esta actividade forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, cofinanciado polo Concello de Ourense.
Dende esta asociación queremos dar as grazas ós profesionais e socios/as que colaboraron con nós neste evento, ós laboratorios que nos cederon os materiais, ó Concello de Ourense, e por suposto a todas as persoas que pasaron pola carpa ó longo destes dous días… ¡MOITAS GRAZAS!