[ssba-buttons]
03/04/2015

 

Os días 8 e 9 de Abril terá lugar o XII Paseo pola Saúde en Ourense, no que este ano, como tema central, se proporcionarán unha serie de claves para a inocuidade dos alimentos. 

 

A Asociación Diabética Auria, ó igual que outras moitas relacionadas co ámbito da saúde, colocará un stand na carpa ubicada na Alameda, no que ademais de ofrecer información e asesoramento sobre a enfermidade e a labor da asociación, realizará medicións de glicosa a todo aquel que o desexe, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

Esta actividade forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, cofinanciado polo Concello de Ourense.

Ademáis das actividades organizadas polo Concello, a nosa asociación ten previsto impartir dous talleres-coloquio: o mércores 8, ás 11:00 da mañá, Jorge Alén Ruíz, licenciado en INEF e monitor de Pilates da nosa asociación, falará sobre a importancia do exercicio físico no tratamento da diabetes; o xoves 9, ás 18:00, Mercedes García Penela, Enfermeira Educadora en diabetes, ofrecerá unha charla na que falaremos da diabetes en xeral.

 

 

¡AGARDAMOS A VOSA ASISTENCIA!