Buenas tardes de agosto, dulces personitas!
Cuando nuestros niños y niñas debutan en Diabetes, siempre nos sentimos asustados y abrumados por toda la información que nos dan de golpe tanto medios sanitarios como el propio internet.
En ocasiones nos cuesta hasta explicarle a nuestro/nuestra pequeño o pequeña lo que le pasa y siente.
Os dejamos este enlace hacia un documento que os ayudará mucho en estos casos, y también incluso puede valer para adultos que quieran saber lo básico de la patología para sí mismos o para alguno de sus familiares o amigos.
Esta guía ha sido realizada por el Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, junto a la Sociedad Española de Endocrinología pediátrica.
__
Boas tardes de agosto, doces personiñas!
Cando os nosos nenos e nenas debutan en Diabetes, sempre nos sentimos asustados e atafegados por toda a información que nos dan de golpe tanto medios sanitarios como a propia internet.
En ocasións cústanos ata explicarlle ao noso/nosa pequeno ou pequena o que lle pasa e sente.
Deixámosvos esta ligazón cara a un documento que vos axudará moito nestes casos, e tamén mesmo pode valer para adultos que queiran saber o básico da patoloxía para si mesmos ou para algún dos seus familiares ou amigos.
Esta guía foi realizada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, xunto á Sociedade Española de Endocrinoloxía pediátrica.