Onte, sábado 25 de Abril, tivo lugar a segunda xuntanza lúdico-educativa dos maiores deste ano 2015. Acudiron á cita, no Restaurante Rías Baixas de Ourense, un total de 22 socios/as da Asociación, que aproveitaron a ocasión para compartir experiencias e pasar un rato agradable xuntos, á vez que recibiron educación diabetolóxica.
Coma sempre, contamos coa colaboración desinteresada dunha das nosas Enfermeiras Educadoras en diabetes, Marisa Ruíz Santiago, que ofreceu nociós sobre alimentación ós/ás asistentes. Ademais supervisou o menú e realizou medicións de glicosa ós/ás diabéticos/as antes e despois da comida para asesoralos individualmente.
Por outra banda, a Asociación quixo rendir homenaxe a unha das nosas asociadas, xa que a pesar da súa avanzada idade, participa en todas as actividades que realizamos cunha vitalidade admirable. Consideramos que é un exemplo de como a diabetes, ben controlada, non supón ningún impedimento para levar unha vida activa e satisfactoria. En definitiva, pasámolo moi ben e aprendemos cousas novas sobre a nosa diabetes.
Aquí vos deixamos un vídeo que resume o que deu de sí a xornada,…
Dende a Asociación Diabética Auria queremos dar as grazas a todos/as os/as asistentes, á educadora Marisa Ruiz, ó Restaurante Rias Baixas, a Suso de Floristería El Jardín, a Diabalance por cedernos os seus productos de alimentación especiais para diabéticos e ós laboratorios que nos facilitan material sanitario para as medicións.