[ssba-buttons]
24/04/2015
 
 
Recordade que mañá, 25 de Abril, ás 13:30h, terá lugar no Restaurante Rías Baixas II XUNTANZA LÚDICO-EDUCATIVA DOS MAIORES deste ano 2015, na que pretendemos reunir a todos os socios/as da asociación. 
Contaremos coa colaboración dunha das nosas Enfermeiras Educadoras en Diabetes, Marisa Ruíz Santiago, que se encargará, ademais de supervisar o menú que degustaremos, de realizar medicións de glicosa antes e despois da comida e de asesorar individualmente a cada paciente diabético/a.
 
Esta actividade enmárcase dentro do noso Proxecto de Educación Diabetolóxica, mediante o que pretendemos dotar das ferramentas necesarias ós/ás pacientes diabéticos/as para o axietado control da súa diabetes.