[ssba-buttons]
01/05/2015

 

 

O pasado martes, 28 de Abril, tivo lugar no local da Asociación a segunda charla sobre alimentación saudable en diabetes deste ano 2015, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Diabetolóxica.

 

Nesta ocasión, Marisa Ruíz Santiago, Enfermeira Educadora especializada en diabetes, falounos dos productos especiais para diabéticos e xuntos repasamos os síntomas, prevención e tratamento das hipoglicemias. Ademais resolveu todas as dúbidas que plantexaron os/as asitentes.

 

 

 

    

 

 

Colaborou con nos nesta actividade a casa Diabalance, que distribue productos específicos para diabeticos/as, e que tivo a xentileza de acompañarnos e regalarnos unha chea de alimentos para que proben ós nosos asociados/as.

 

 

 

 

Foi unha tarde moi amena e productiva, na que puidemos aprender moitas cousas para o control da nosa diabetes. Ademais Marisa propuxo unha metodoloxía participativa na que os propios socios/as ensinaron ós/ás demais cousas como por exemplo a administrar o glucagón.

 

 

 

 

Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecer enormemente a participación dos nosos asociados/as nesta e en cada unha das actividades que realizamos, e a Marisa Ruíz, por colaborar sempre desinteresadamente coa Asociación.

 

 

¡MOITAS GRAZAS!