O pasado domingo 14 de Maio realizamos unha saída a Xinzo de Limia, coa fin de achegar a nosa labor ao rural da provincia de Ourense.
Foi unha xornada fantástica, na que desfrutamos e compartimos experiencias, ao tempo que realizamos exercicio físico e aprendemos máis sobre o coidado da doenza. Aquí vos deixamos un pequeno resume de todo o que fixemos neste estupendo día.
*Esta actividade forma parte do noso Proxecto de Xornadas de Educación Diabetolóxica «Achegándonos ao rural ourensán» financiado pola Deputación Provincial de Ourense.
————————————————————————————————————————————————————-
VISITAMOS O MUSEO DA LIMIA EN VILAR DE SANTOS
DURANTE A COMIDA A NOSA EDUCADORA MARISA IMPARTIU UN TALLER DE CONTROL DE HIDRATOS DE CARBONO
AO REMATAR, REALIZAMOS XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS EN FAMILIA, GUIDAS POR UN MONITOR
¡ PASÁMOLO XENIAL!
POLA TARDE VISITAMOS A PENA (TRANDEIRAS) E REALIZAMOS UNHA ANDAINA POLO ENTORNO DO LUGAR
¡MOITAS GRAZAS A TODOS OS/AS ASISTENTES!