Como sabedes, onte, martes 14 de Novembro, celebrouse o Día Mundial da Diabete, e con tal motivo a Asociación Diabética Auria realizou diferentes actividades durante toda a xornada.
Estivemos dende as 10 de mañá nunha carpa ubicada na Rúa do Paseo, onde ofrecemos información e realizamos ao redor de 400 medicións de Glicosa. Ademais, acompañounos a Casa de los Lentes realizando medicións de tensión ocular e o Centro Médico Semecor facendo ecografías de tiroires e carótidas.
Tamén quixeron colaborar con nós nesta ocasión especial os nosos amigos da Central Heladera, ofrecendo xeados gratis a todo aquel que se achegara a nosa Carpa.
Pola tarde, viñeron a compartir a xornada, dende outra Galaxia, os amigos da Asociación Cultural Echo Base 28th, caracterizados dos personaxes da Saga de Star Wars.
Ás 18.00h fixemos un Paseo Reivindicativo portando unha pancarta, dende a Carpa ata o Parque do Ribeiriño (xunto a Ponte Romana que estaba iluminada de azul), e alí unha moza da nosa Asociación foi a encargada de ler o manifesto que este ano versou sobre as mulleres e a Diabete. Por último, para poñer peche á conmemoración, realizamos unha solta de globos.
Ademais, o CEIP de Seixalbo sorprendeunos cunha magnífica iniciativa, impulsada polos pais dunha das nosas «pequenas doces», facendo unha gran celebración para sensibilizar e dar visibilidade á Diabete.
Dende a Asociación Diabética Auria queremos dar as GRAZAS a todas as persoas e entidades que colaboraron con nós na conmemoración deste día tan importante para nós, no que se aproveita para concienciar á sociedade sobre esta patoloxía «silenciosa», pero que conta cunha elevadísima prevalencia na poboación. Así mesmo, o noso agradecemento a todas as persoas que se achegaron para compartir con nós a fantástica xornada.
Especialmente, queremos dar as GRAZAS a:
– Instituto Ourensán de desenvolvemento económico (INORDE)
– Concello de Ourense
– La Casa de los Lentes
– Centro Médico Semecor
– La Central Heladera
– Asociación Cultural Echo Base 28th
– Colexio Oficial de Médicos de Ourense
– Sousas
– Frutas Mavaz
– Diabalance
– Prosaga (PIC Diabetes)
– CEIP de Seixalbo
– Medios de comunicación (La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, RTVE, CTVG, Telemiño, Radio Ourense Cadena SER, Cadena Cope Ourense, Radio VOZ Ourense,…)
– Ás enfermeiras Celia, Tere e Olga
– Á nosa Educadora Marisa Ruiz
– As persoas voluntarias de Auria
¡MOITÍSIMAS GRAZAS A TODXS!
——————————————————————————————–