[ssba-buttons]
18/05/2016

Dende a Asociación Diabética Auria informamos que está aberta ao público unha exposición fotográfica realizada polos/as nosos/as nenos/as (de entre 3 a 13 anos) nunha das saídas realizadas polo casco histórico de Ourense.

Permanerá aberta ata fin de mes (estará pechada os fins de semana), encóntrase na Casa da Xuventude (rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 27) e encantariános que pasárades a visitala. Está planteada como unha actividade cultural e dinámica pero tamén informativa, con infografía sobre a diabetes… Así que se vos apetece ver o traballo dos nosos/as cativos/as… Aquí estaremos!!