[ssba-buttons]
12/12/2015

 

 

O pasado sábado 5 de Decembro a Asociación Diabética Auria participou xunto con outras entidades ourensás nas actividades programadas polo Concello de Ourense para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado.

 

Estivemos toda a xornada no C.M. Ángel Valente cunha mesa informativa na que ofrecemos asesoramento sobre a enfermidade, realizamos medicións de glicosa e demos a coñecer a labor da Asociación. 

 

Así mesmo, partipamos no Flashmob organizado por Voluntariado e na mesa redonda na que compartimos ideas e impresións con técnicos e voluntarios doutras entidades da cidade.

 

Dende a Asociación Diabética Auria queremos aproveitar esta ocasión para dar as GRAZAS a todas as persoas que colaboran con nós de xeito totalmente desinteresado: enfermeiras, asociados/as, empresas, outras asociacións…

 

E por suposto non podemos deixar de facer mención á nosa educadora Marisa Ruiz pola importantísima labor altruísta que está realizando en favor dos diabéticos/as ourensáns. 

 

 

 

               Á nosa Directiva sempre presente e colaborando… estiveron todo o día na mesa informativa.

 

Unha das enfermeiras que colaboran voluntariamente con nós, encargouse de realizar as medicións xunto con outra compañeira.

 


Os representantes políticos tamén nos quixeron acompañar nesta xornada.