[ssba-buttons]
04/12/2015

 

O día 5 de Decembro celébrase o DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO e a Asociación Diabética Auria participará na Feira de Entidades organizada con tal motivo polo Concello de Ourense.
 
Ofreceremos información e asesoramento sobre a Diabetes e daremoslle visibilidade á labor da nosa Asociación. Así mesmo realizaremos medicións de glicosa a todo aquel que o precise. 
 
As actividades programadas para ese día son as seguintes: 
 
  • FEIRA SOLIDARIDADE E VOLUNTARIADO (NA SALA VALENTE DE 11:00H A 14:00H E DE 16:30 A 20:00H).
 
  • MESAS REDONDAS COS TECNIC@S DE VOLUNTARIADO DAS ENTIDADES SOCIAIS E VOLUNTARI@S. 
 
  • FLASHMOB POLA RÚA PASEO DENDE O BANCO DE ESPAÑA ATA A PRAZA MAIOR E VOLTA A BANCO DE ESPAÑA CON TOD@S OS VOLUNTARI@S DE TODAS AS ENTIDADES PARA VISIBILIZARSE ANTE TODA A CIDADANÍA OURENSÁ (ÁS 12.00H).
 
  • OBRADOIRO “COMERCIO XUSTO A TRAVÉS DA COCIÑA” PARA NENOS/AS POR PARTE DA ENTIDADE SOLIDARIDADE INTERNACIONAL-COS SEUS PRODUCTOS (ás 17.30).

 

¡Non faltedes!