[ssba-buttons]
31/07/2015
 
 
Dende a Asociación Diabética Auria estamos a organizar, como cada ano, unha convivencia para pais e nenos/as, tanto diabéticos como non diabéticos. Terá lugar o primeiro fin de semana de Setembro, os días 5 e 6, no Cámping de Allariz.
 
O prezo será de 55 € por persoa, inclúe aloxamento en bungalós e pensión completa. Realizaremos diferentes actividades como dar un paseo en barca, montar a cabalo e un montón de xogos ao aire libre. O custo da realización destas as actividades correrá pola conta da nosa Asociación.
 
Acompañaranos unha das nosas enfermeiras educadoras en diabete, Marisa Ruíz, e tamén outra enfermeira. Ademais virán con nós dous monitores de ocio e tempo libre que se encargarán de animar a estanza.
 
Este ano queremos enfocar a convivencia dende un punto de vista lúdico, onde tanto pais coma nenos/ás poidan divertirse e desconectar. Neste caso serán os propios pais os encargados de supervisar a alimentación dos nenos.
 
Aquelas familias que estén interesadas en participar nesta convivencia, pódennos avisar antes do 18 de Agosto nos telf.: 988 226 608 y 648 802 361. 
 
 
¡AGARDÁMOSVOS!