A pasada fin de semana tivo lugar a CONVIVENCIA DE MAIORES que tiñamos programada. Foron dous días xeniais, nos que desfrutamos á vez que compartimos experiencias e aprendemos un pouco máis da nosa Diabetes.
Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecer á Bodega Viña do Campo a súa xentileza por permitirnos coñecer o seu producto e instalacións; ó persoal do Arnoia Caldaria Hotel Balenario polo seu bo trato; e tamén queremos dar as grazas á nosa educadora Marisa Ruiz, e ó noso monitor Jorge Alén, sempre dispostos a colaborar con nós.
Así mesmo, gustaríanos agradecer especialmente a tod@s @s asistentes a súa participación nas actividades que realizamos, xa que sen eles a nosa labor non tería sentido. ¡MOITAS GRAZAS!