05/10/2015
Dende a Asociación Diabética Auria estamos a organizar unha Convivencia de Maiores que terá lugar a fin de semana do 24 ó 25 de Outubro, no ARNOIA CALDARIA Hotel Balneario. Sairemos o sábado pola mañá e
regresaremos o domingo pola tarde.
O presuposto que vos detallamos a continuación inclúe aloxamento en habitación dobre estándar con acceso libre e ilimitado ás piscinas de auga mineiro medicinal (o réxime alimenticio é menú buffet).
– Prezo por persoa e noite en Habitación Dobre e pensión completa + 1 comida día de saída + 3 pausas café (café ou infusión, froita e galletas): 64,00 €
– Suplemento por habitación dobre de uso individual: 20,00 €
Ademais da estancia no Balneario, visitaremos o pobo de Ribadavia e nos acompañarán Marisa Ruíz (enfermeira educadora) e Jorge Alén (monitor de ocio tempo libre) que se encargarán de supervisar e amenizar a convivencia.
O prazo para anotarse a esta actividade remata o 13 de Outubro.