[ssba-buttons]
22/07/2016

A Asociación Diabética Auria organiza para o primeiro fin de semana de setembro unha convivencia educativa entre pais/nais e nenos/as con diabetes na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.  Este proxecto está cofinanciado pola Diputación de Ourense.

Combinaranse actividades de coñecemento entre as familias con outras de tipo educativo nas que se traballarán diferentes aspectos relacionados coa doenza (alimentación saudable, control glicémico, dosificación e inxección de insulina, importancia da actividade física, etc.). Tamén realizaranse actividades mais dinámicas, como xogos e actividades deportivas en familia, para que a fin de semana sexa unha verdadeira convivencia de intercambio de experiencias entre familiares, e mesmo teñamos tempo para coñecer “boas prácticas” levadas a cabo por outras familias, así como novos instrumentos e técnicas que lle permitan maior independencia aos/ás pequenos/as. Será unha experiencia única…Animádevos a participar!!

Para todos/as os/as intersados/as máis información contactando connosco:

Mail: asociacion@auriadiabeticos.com

Tfnos: 988 226 608/ 648 802 361