A fin de semana do 7 e 8 de Outubro temos programada a tradicional Convivencia de Maiores, para a que nos aloxaremos no Hotel Balneario «Lobios Caldaria» (Lobios – Ourense).
Sairemos en autobús de Ourense, visitando Vilanova dos Infantes e O Mosteiro de San Salvador en Celanova e chegaremos para a comida no Balneario. Pola tarde visitaremos a Vila do Xeres en Portugal e cearemos no Balneario, onde despois teremos unha velada nocturna.
O domingo pola mañá teremos unha sesión de spa no Balneario e comida alí tamén. Despois as educadoras Marisa Ruiz e Teresa Lord impartirán unha charla-coloquio, e ás 6 da tarde regresaremos a casa.
Para máis información sobre esta actividade contactade con nós, ben a través do teléfono 988 22 66 08, vía mail (asociacion@auriadiabeticos.com) ou ben directamente no local da Asociación (R/ Dr. Fléming, nº43 – soto).
¡ANIMÁDEVOS, PASARÉMOLO EN GRANDE!
———————————————————————————————————————————————————————————-