[ssba-buttons]
06/04/2016

Queridos/as compañeiros/as,

Como saberedes, este ano 2016, a Organización Mundial da Saúde adica o seu día, 7 de abril, á diabetes.

Por ese motivo teremos varias actividades en colaboración co Concello de Ourense. Esperámosvos e gustaríanos que todos/as participárades. Recordade, a asociación somos todos/as.

A programación é a seguinte:

– Día 7 de abril, xoves: Presentación. Organizado polo Concello de Ourense na sala de plenos.

 

– Día 8 de abril, venres:

Charla – coloquio : “A diabetes. A doce descoñecida”. Impartida por Marisa Ruíz Santiago, enfermeira educadora en diabetes. Acompañaránnos as asociacións Alcer Ourense e Alcohólicos Anónimos Grupo Ourense, xa que as súas patoloxías conflúen cas nosas. Eles farán tamén as súas exposicións.

Lugar: Edificio José Ángel Valente

Hora: 18:30 h.

 

–  Día 9 de abril, sábado

Charla – Coloquio: «Alimentación saudable». Cunha práctica de cociña.

Impartida por Adriana Fernández Vidal, especialista en dietética e nutrición.

Fará un repaso sobre a alimentación saudable para as persoas diabéticas, enfermas renais e celíacas.

Lugar: Centro cívico Colón.

Hora: 11:00 h.

 

–  Días 12 e 13 de abril, martes e mércores: XIII Feira Municipal da Saúde.

Estaremos no stand, situado na Alameda, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Onde as enfermeiras farán gratuítamente medicións de glicosa.

Na carpa anexa realizaránse charlas – coloquios, sobre temas relacionados ca diabetes e a actividade física.

 

–       Día 12, martes:

·         “O exercicio fundamental para o coidado da diabetes”.

Imparte Jorge Alén Ruíz, licenciado en INEF e monitor de clases de pilates na  Asociación Diabética Auria.

Horario: 12:00 a 13.00 h.

·         “A saúde está nas nosas mans”.

Imparte Marisa Ruíz Santiago, enfermeira educadora en diabetes.

Horario: 18:00 a 19:00 horas.

 

–       Día 13, mércores:

·         “Repercusión da diabetes infantil nos nenos. Complicacións e formas de seguimento sobre a mesma“.

Charla impartida por Leticia Reis Iglesias, pediatra especialista no campo da diabetes infantil do CHOU.

Horario: 19:00 a 20:00 horas.