_____________________
Sabemos realmente solucionar as nosas hipoglicemias importantes? É importante ter claro cales son os síntomas e que debemos facer.
Presentámosvos un cortiño vídeo lembrando as claves para saber xestionar estes momentos.
Trataremos de traervos cada pouco tempo estas pequenas pildoriñas educativas para que repasedes temas algo esquecidos, resolvades dúbidas e aprendades cousiñas novas e curiosas.
Tamén aceptamos suxerencias se tedes algún tema de interese relacionado coa Diabetes do que queirades escoitar.
Esperamos que as aproveitedes moito.