[ssba-buttons]
08/05/2015

 

Queremos recordarvos que todos os luns e mércores temos, no local da AA.VV. do Casco Vello, clases de Pilates para os/as maiores da Asociación Diabética Auria e os familiares e amigos que os/as queiran acompañar, así como calquera outra persoa interesada. Podedes anotarvos chamando o noso telf.: 988 22 66 08.

        

 

Esta actividade forma parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concienciación sobre Diabetes, financiado polo Concello de Ourense, coa que pretendemos «normalizar» a enfermidade e mellorar a calidade de vida dos pacientes diabéticos/as.