[ssba-buttons]
26/08/2015

 

Onte, 25 de Agosto, tivo lugar a charla sobre nutrición que tiñamos programada no Centro Cívico Colón. O encargado de impartila foi Juan Pablo de Miguel Bravo, ex futbolista profesional, agora adicado á nutrición. A charla foi todo un éxito; saímos con moitas cousas aprendidas para aplicar no control da nosa diabetes.

Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecer enormemente a colaboración de Juan Pablo, quen se ofreceu de xeito desinteresado a impartir esta charla. Así mesmo, agradecemos a colaboración do Concello de Ourense por facilitarnos unha aula no Centro Cívico Colón para levar a cabo esta actividade. 

 

Por suposto, queremos dar as grazas a todos/as asistentes; agardamos que repitades e vos animades a participar nas actividades que temos programadas na Asociación para os vindeiros meses. 

 

¡MOITAS GRAZAS!