Onte 7 de Maio, no Auditorio de Coles, tivo lugar a charla de educación diabetolóxica organizada por Candy, enfermeira do Centro de Saúde dese concello, á que lle agradecemos enormemente a súa implicación.
A encargada de impartir a charla foi Marisa Ruíz Santiago, unha das enfermeiras educadoras que colabora con nós. Ademais a nosa Presidenta, Paz Gómez del Valle, tamén estivo presente na actividade representando á Asociación.
Como sempre, foi unha tarde moi amena e instructiva, da que os/as asistentes poderán sacar cantidade de cousas útiles para o control da súa diabetes.