[ssba-buttons]
13/05/2015

 

Onte, 12 de Maio, visitamos o C.E.I.P. Valle Inclán de Muíños, no que están a realizar unha serie de actividades de sensibilizacion sobre a diversidade.  Ofrecemos unha charla sobre diabetes ós/ás nenos/as do colexio, coa fin de dar a coñecer a diabetes tipo 1 no entorno escolar e evitar as posibles situacións de discriminación.

Ademais, contamos coa colaboración dun neno diabético do cole, socio da nosa Asociación, que nos axudou a explicarlles ós/ás demais como é o seu día a día. Todos os nenos/as foron moi participativos e remataron a xornada sabendo un pouco máis desta doenza, que xa coñecían grazas ó seu compañeiro.

 

Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecerlle, tanto á dirección do centro, como ó resto do profesorado, que nos permitisen achegar a diabetes ós seus nenos/as, e quedamos a súa disposición para calquera cousa que precisen.