[ssba-buttons]
08/05/2015

 

O vindeiro martes, 12 de Maio, ofreceremos unha charla sobre diabetes ós/ás nenos/as do C.E.I.P. Valle Inclán de Muíños, no que están a realizar unha serie de actividades de sensibilizacion e concienciación sobre a igualdade dentro da diversidade.

 

 

Para impartir esta charla, coa que queremos dar a coñecer a diabetes tipo 1 no entorno escolar e evitar as posibles situacións de discriminación, contaremos coa colaboración da nai dun neno diabético, ambos socios da nosa Asociación, ademais da Xunta Directiva. 

 

A Fundación para a Diabetes tivo a xentileza de cedernos para esta actividade o CD interactivo de «Carol tiene diabetes»que conten distintos materiais que permiten afondar na diabetes dentro da aula: unha curtametraxe, unha serie de animacións e fichas didácticas.