[ssba-buttons]
11/11/2015
 
 
 
O pasado martes estivemos no CEIP de Seixalvo, no que comezou os estudos unha das nosas asociadas máis novas, ensinando ó profesorado do centro cómo actuar cos nenos/as con Diabetes.
 
A nosa Educadora, Marisa Ruíz Santiago, impartiu as nocións fundamentais sobre o control desta doenza (practicamos as técnicas de autoanálise, de administración de insulina e en especial do glucagón) ante uns mestres/as moi atentos e interesados en aprender, ós que lles agrademos a súa implicación.
 
Trala charla, tivo lugar un coloquio no que participaron a nosa Presi, Paz, e a nosa Secretaria, Marga, ónde se incidiu na necesidade da presenza dun enfermeiro/a nos Centros Educativos.