[ssba-buttons]
11/11/2015
 
 
O pasado 6 de Novembro reunímonos cos veciños/as da Asociación de Quintela de Canedo, para falar de Diabetes.  Acompañounos coma sempre a nosa Educadora Marisa Ruíz, á que lle agradecemos unha vez máis a súa dedicación.
 
Contamos cuns asistentes moi dispostos a aprender e compartir experiencias, foi todo un luxo! Falamos da prevención de factores de risco, de alimentación saudable, da importancia da actividade física, das técnicas de administración de insulina e do autoanálise, entre outros temas.
 
¡MOITAS GRAZAS A TOD@S!