[ssba-buttons]
25/09/2015

 

Onte tivo lugar a segunda charla do ciclo de conferencias «Coñecendo a Diabete» organizadas pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense. 

 

De novo a charla correu a cargo da nosa Enfermeira Educadora en Diabetoloxía Marisa Ruiz Santiago, á que lle agradecemos enormemente a súa disposición e colaboración. Tivo lugar no C.C Ángel Valente, e foi todo un éxito! Dende a Asociación Diabética Auria queremos darlles as grazas ós numerosos asistentes que se achegaron a falar con nós sobre a Diabetes.Agardamos que sacarades moitas cousas en claro sobre esta doenza e o seu control. ¡ATA A PRÓXIMA!