[ssba-buttons]
17/06/2015
 
 
Onte, 16 de Xuño, tivo lugar na AA.VV. do Casco Vello unha charla sobre alimentación saudable en diabetes, organizada pola Asociación Diabética Auria e impartida por unha das nosas enfermeiras educadoras en diabetes, Marisa Ruíz Santiago.
 
Repasamos as nociós sobre alimentación aprendidas durante todo curso, cunha metodoloxía lúdica e participativa. Ademais, os/as asistentes plantexáronlle as súas dúbidas á educadora e compartiron experiencias entre eles.
 
 
 
     
 
 
 
Aprendemos a elaborar menús por racións adaptados ás necesidades de cadaquén para as diferentes comidas do día. Tamén probamos unha báscula que ademais de pesar os alimentos, nos dí cantos hidratos, graxas e proteínas ten cada alimento.
 
 
 
     
 
 
 
A nosa Enfermeira educadora en diabetes, Marisa Ruíz, realizou un repaso dos conceptos sobre alimentación traballados nas anteriores charlas.
 
 
 
            
 
 
Fixémoslles traballar un pouquiño ós nosos asociados/as, que coa axuda de diferentes xogos programaron diferentes comidas, coas súas racións correspondentes.
 
 
 
 
En definitiva, foi unha tarde moi amena e produtiva. Dende a Asociación Diabética Auria queremos dar as grazas a AA.VV. do Casco Vello, pola súa amabilidade e boa disposición; a Marisa Ruíz, pola colaboración desinteresada que sempre nos presta, e por suposto, a todos os/as asistentes. Esperámosvos á volta do verán para seguir con estas interesantes charlas. MOITAS GRAZAS!