[ssba-buttons]
25/02/2015

 

Onte, 24 de Febreiro, tivo lugar a charla sobre alimentación saudable que tiñamos programada. Tratouse da I Charla-taller enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Diabetolóxica. Nesta ocasión consistiu en repasar conceptos básicos de alimentación e ler varias etiquetas nutricionais para poñer en práctica o aprendido.

Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecer enormemente a colaboración de Marisa Ruíz, unha das nosas Enfermeiras Educadoras en Diabetoloxía, por impatir unha charla tan amena e productiva. E por suposto, dar as grazas tamén a todos/as os/as asistentes, porque sen a súa participación nada desto sería posible.