[ssba-buttons]
23/09/2015

 

Onte acudimos á Asociación de Veciños de Barrocás para falar de diabetes. Foi unha reunión moi frutífera e agardamos que agora coñezades un pouco máis da doenza, e que a través dunha alimentación saudable, unha actividade física adecuada e a medicación oportuna (se fose necesaria) podades acadar unha gran calidade de vida.

Dende a Asociación Diabética Auria queremos agradecer á Directiva da AA.VV. e a todos os/as asistentes por recibirnos con tanta cordialidade. Así mesmo, dar as grazas á concejalía de Participación Cidadá do Concello de Ourense por organizar estas charlas e contar con nós. Por último queremos agradecerlle a Marisa Ruíz, a nosa enfermeira educadora en diabetes, por colaborar sempre coa Asociación e facer unas charlas tan amenas e produtivas.

 

¡GRAZAS!

 

        

 

 

 

Recordade que mañá xoves 24, temos outra charla no Centro Cultural Angel Valente (antigo Banco de España) ás 20.00h, non faltedes!