Dende a Asociación Diabética Auria convidámosvos á charla que impartirá a nosa enfermeira educadora en diabetes, Marisa Ruíz Santiago, “A saúde está nas nosas máns”. Na que se debatirá cómo inflúen os nosos coidados na nosa calidade de vida ao longo das diversas etapas da mesma (dende cativos/as ata maiores).
Terá lugar o próximo mércores, 28 de setembro, ás 18:30 horas, no local da Asociación de veciños de Seixalbo.
Ao mesmo tempo poderase desfrutar da exposición de fotografías realizadas polos/as nosos/as nenos/as doces.
Non a perdades… Será moi interesante!!