O Servizo de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), organiza do 21 ó 25 de Xuño un CAMPAMENTO PARA NENOS E NENAS CON DIABETES (exclusivamente).
Terá lugar en Muíños e está destinado a rapaces diabéticos con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. O custo para cada neno/a é de 50€, máis a cuota de socio (30€). A Asociación Diabética Auria dará unha axuda económica a todos/as aqueles que o precisen.
Os interesados en participar poden poñerse en contacto con nós nos telf.: 988 226 608 e 648 802 361. Nos próximos días facilitaremos máis información.