[ssba-buttons]
12/12/2015

 

 

O pasado xoves 10 de Decembro tivo lugar a Asamblea Xeral de socios da Asociación Diabética Auria na que demos conta das actividades realizadas durante o 2015 e o balance económico.

 

Así mesmo, renovamos a Xunta Directiva, xa que a antiga esgotaba o seu mandato. Sumáronse novos compoñentes con ganas de traballar en favor das persoas con Diabetes. 

 

Dende a Asociación Diabética Auria queremos dar as grazas a todos os socios/as que asistiron e aportaron novas ideas para o ano que comeza.

 

Agardamos non defraudarvos e continuaremos traballando para mellorar a calidade de vida dos pacientes diabéticos.