Temos unha nova andaina multitudinaria, esta vez en Allariz!
Será o domingo 23 de marzo pola contorna deste bonito municipio. Poderedes gozar de 2 roteiros: unha de aprox 9 km e outra de 15 km, como sempre, con avituallamiento e petiscos ao finalizar.
A inscrición poderedes facela antes do 19 de marzo a través do pago dos 5 euros por persoa:
-Presencial na asociación antes do 19 de marzo.
-Nas piscinas do Concello de Allariz antes do 19 de marzo.
– Por bizum (nos apartado «donativos» ou «Ong» co código 06103).
-O mesmo día da andaina (para os máis atrasados).
Tamén temos km 0 para os que non poidan asistir, pero se colaborar.
Lembrade recoller o voso dorsal o sabado 22 de marzo pola mañá nas piscinas de Concello de Allariz ou o mesmo día da andaina, desde as 9:00h, PRESENTANDO EN AMBAS O DNI.
Serán moi benvidos todos, e especialmente as persoas con Diabetes, para coñecernos e compartir quilómetros por unha boa causa: a educación e a prevención que Auria realiza anualmente.
Se tedes algunha dúbida, podedes chamarnos aos teléfonos 648 802 361 ou 613 016 634
Colaboran connosco. o Concello de Allariz, Protección Civil de Allariz, e empresas como Augas de Sousas, Ou Forno do Tomás e PANADERIA TITO, S.L.