O domingo 24 de abril, a Asociación Diabética Auria, organiza unha andaina polas pasarelas do río Mao, para todas as persoas que desexen asistir.
Na parte traseira da Alameda de Ourense, ás 10:30 horas efectuaráse a saída en coches particulares (ou ben se se consegue facer un grupo mínimo de 20 persoas, para antes do próximo martes 19, contrataráse un microbus). Cada persoa diabética terá que levar as súas máquinas de controis e insulinas. Comeráse nas inmediacións, cada un levando a súa comida e bebida ou poderáse reservar nas instalacións próximas. O regreso a Ourense será ás 18:30 horas.
Animádevos, son unhas paisaxes fermosas!!
Tfnos de contacto: 988 226 608/ 648 802 361