[ssba-buttons]
07/01/2015

 

Tal e como se viña facendo o pasado ano, neste 2015 continuaremos realizando TALLERES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA E RELAXACIÓN e CLASES DE PILATES para os/as nosos/as asociados/as e os familiares/coidadores que queiran acompañalos, así como para a poboación en xeral interesada. Para anotarse poden chamar ó 988 22 66 08 ou dirixirse ó local da Asociación na Rúa Dr. Fleming nº43 – soto.

                                                                

 

 

Os talleres de estimulación cognitiva e relaxación son impartidos por unha psicóloga, e teñen lugar todos os xoves de 10.30h a 12.30h no local da Agrupación Deportiva de Pesca Fluvial, xunto ó local da Asociación (R/ Dr. Fléming, nº 43 – Soto).

 

As clases de Pilates, pola súa banda, realízanse todos os luns e mércores de 10.30h a 11.30h na AA.VV. do Casco Vello e corren a cargo dun monitor licenciado en INEF con altos coñecementos sobre a diabetes.

 

Estas actividades, que teñen como finalidade a prevención de patoloxías asociadas á diabetes e a mellora da calidade de vida dos pacientes, inciden en dous aspectos ós que afecta especialmente a doenza: o emocional e o físico. Forman parte do noso Proxecto de Prevención, Difusión e Concicenciación sobre Diabetes, financiado polo Concello de Ourense.