Lembrade que esta fin de semana celébrase o Día Mundial da Diabetes (14 de Novembro). Con tal motivo a Asociación Diabética Auria ten programadas unha serie de actividades nas que nos gustaría que tod@s participárades.
- De 10.00h a 18.00h: Mesa Divulgativa no Centro Municipal Ángel Valente ónde ofreceremos información, asesoramento e medición de glicemias.
- Ás 18:30h: Paseo reivindicativo ata a Praza Maior, solta de globos e lectura dun manifesto polos dereitos das persoas con diabetes. Iluminación das Burgas.
- Rúa San Miguel (xunto á Casa dos Lentes)
- Rúa Curros Enríquez (xunto ó Restaurante A Romántica)
Tamén correremos a Carreira cos máis pequenos da Asociación na categoría «Cativos» ás 13.15h.
Así mesmo, temos convocado un concurso de Selfies coas Pulseiras de Alerta Médica cortesía de Codylife. O luns 16 de Novembro publicaremos na Web e no Facebook os nomes dos gañadores.
Tamén poderedes desfrutar dunha degustación gratuíta de xeados (sen azucre) na Central Heladera (R/ do Paseo, nº4), presentando os vales que repartiremos na Mesas do Paseo o día 14.